Unha rodeirense volve atopar por segunda vez os seus bolos de silo picados
- Laura Moure
- 30 sept 2024
- 1 Min. de lectura
Laura Moure/Rodeiro

En xullo de 2023 unha rodeirense contábanos que lle apareceran 41 bolos picados. Pois para desgraza de Marta Diéguez, esta mesma gandeira, acaba de pasar o mesmo. Onte atopouse son 26 dos seus bolos de silo rachados.
Publicidade
Volveu suceder no lugar de Bagarelas, na parroquia de Vilela e a escasos metros da casa da afectada. Da outra vez xa puxo denuncia ante a Garda Civil, pero lamenta que non se conseguíu nada e mentres volve ocorrer o mesmo. Cabe subliñar que este feito tan grave supón importantes perdas para este gandeira. Coma sempre Diéguez desconfía de dúas persoas.
NOTICIA RELACIONADA:
Aparecen 41 bolos rachados no municipio de Rodeiro: https://www.ecosdacomarca.com/post/aparecen-41-bolos-de-herba-seca-rachados-no-municipio-de-rodeiro
Comments