top of page
Foto del escritorLaura Moure

Aparecen 41 bolos de herba seca rachados no municipio de Rodeiro

A afectada xa puxo denuncia no cuartel da Garda Civil


Laura Moure/Rodeiro

Os gandeiros en xeral non están pasando por unha boa situación económica e son distintas as reivindicacións que fan para defender a súa profesión. Marta Diéguez é unha gandeira do municipio de Rodeiro, que ademais dos obstáculos cos que se atopa no seu día a día como calquera outra compañeiro, encontrouse con 41 bolos de herba seca picados.


Publicidade

Isto sucedeu no lugar de Bagarelas, na parroquia de Vilela e a escasos metros da casa da afectada. Por suposto, foi de noite, en concreto, na madrugada do pasado domingo e ao lado da estrada.

Diéguez valora as perdas nuns 500 euros e sinala que ninguén escoitou nada, pero que desconfían de dúas persoas. Polo de momento, xa interpuxo a denuncia correspondente e os axentes da Garda Civil xa estiveron no lugar.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page