top of page

Unha prata para o queixo curado de Dona Cobiña, de Agolada, na categoría de leite pasteurizada

Un panel de 65 xuíces elixiron entre 100 queixos finalistas (5 por categoría) de entre as máis de 800 mostras presentadas nos premios GourmetQuesos


Ecos da Comarca/Agolada

Un panel de 65 xuíces elixiron entre 100 queixos finalistas (5 por categoría) de entre as máis de 800 mostras presentadas os gañadores da nova edición dos premios GourmetQuesos. Entre eles, estivo o queix curado Dona Cobiña, de Cobideza, de Agolada, que obtivo unha prata na categoría ‘Vaca curado leite pasteurizada’.


En dita categoría, compartiu podio con Añejo Señorío de Cameros, Lácteos Martínez. Haro (La Rioja), que obtivo o ouro, e Palo Santo do Camiño 200 días, Central Lechera Gallega (Cuntis, Pontevedra), que acadou o bronce. Esta última, xunto con Dona Cobiña, son as dúas queixerías da provincia de Pontevedra que obtiveron premio no Salón Gourmets. 

Na xornada de onte o presidente da Cooperativa Cobideza, Jesús Manteiga, e a xestora de Dona Cobiña, María Manteiga, foron os encargados de recoller o premio no Plató Gourmets, e ambos destacaron que para a Cooperativa e Queixería é “unha honra que ás poucas semanas de sacar este produto, xa teña un galardón e se recoñeza dalgún xeito a labor realizada”. 


Engaden que nuns recoñecementos de tanta categoría “e nos que hai tanta calidade entre os produtores”, recoller unha prata é unha “gratificación moi grande e un pulo para seguir traballando para mellorar”. 

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

María Manteiga indica que este queixo destaca “polo seu sabor e a súa calidade”, que vai na liña dos produtos de Dona Cobiña. E explica que decidiron apostar por un curado “porque era algo que nos faltaba na nosa oferta e polo que moitos clientes nos preguntaba”.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Nas feiras da Alvariza e do Cocido estiveron ofrecendo catas á clientela que se achegou ao posto para coñecer a opinión e ver que se podería mellorar ou que sensacións causaba. “Recollemos moi bos comentarios e xa decidimos sacalo á venda para tendas gourmets e na propia queixería”, puntualiza a xestora. 



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page