Unha persoa trasladada por inhalación de fume tras un incendio nun inmoble en Lalín
Ecos da Comarca/Lalín
Este xoves orixinouse un incendio nun inmoble da parroquia lalinense de Vilatuxe, do lugar de Lodeirón. O 112 Galicia foi alertado ás 14 horas.

PUBLICIDADE
O particular indicaba que lle estaba ardendo a cociña porque quedara unha pota ao lume, tal e informa o 112. Despois os Bombeiros de Deza sinalaron que deixara en concreto, unha sartén acesa con aceite, pero cando chegaron eles o lume xa o tiñan controlado.
PUBLICIDADE
Ademais dos Bombeiros de Deza tamén foron mobilizados Emerexencias Lalín e a Garda Civil.
PUBLICIDADE
Tempo despois os equipos de emerxencias indicaron ao 112 que o lume afectou a unha lareira que estaba nun alpendre anexo á vivenda e que arderon mobles e o falso teito.
PUBLICIDADE
Ademais unha persoa tivo que ser trasladada por inhalación de fume, polo que tamén se desprazou unha ambulancia de Urxencias Sanitarias.











Comentarios