Unha persoa sofre unha caída en Silleda cando circulaba en bicicleta
Ecos da Comarca/Silleda

Esta tarde, minutos antes das oito, rexistrouse un incidente no municipio de Silleda. Tal e como informa o 112 Galicia unha persoa sufríu unha caída cando circulaba en bicicleta.
O suceso tivo lugar nunha pista dirección á parroquia de Escuadro. O 112 informou a Urxencias Sanitarias, á Policía Local e aos bombeiros de Deza.








Comentarios