top of page

Un melidense sofre un corte nunha perna cunha desbrozadora de man en Agolada

9 feb 2022
2 min de lectura

O suceso ocorreu este mércores na parroquia de Basadre


Ecos da Comarca/Agolada

Un home quedou ferido este mércores no municipio de Agolada. Ás 14:50 horas o 112 Galicia recibiu unha chamada de que unha persoa necesitaba asistencia sanitaria. Esta acababa de sufrír un corte nunha perna cunha desbrozadora de man. A vítima é un home duns 45 anos, veciño de Melide.

Foi o propio afectado quen, pouco antes das tres desta tarde, contactou co 112 Galicia para explicar cal era o seu estado, con lesións importantes na parte baixa dunha perna.


A vítima estaba a realizar traballos agrícolas nunha zona de monte situada entre a estrada que une O Rego e a Lama na parroquia de Basadre, tal e como indica o 112 Galicia. Inmediatamente, mobilizouse a Urxencias Sanitarias e foi o 061 o que decidiu avisar ao helicóptero medicalizado, que se desprazou dende a base en Ourense para evacuar á vítima ao centro hospitalario.


O 112 tamén avisou aos Bombeiros de Silleda, á Protección Civil de Agolada, ao GES de Lalín e á Garda Civil.


No operativo tiveron que intervir os equipos do GES de Lalín e do parque de bombeiros do Deza debido á necesidade de trasladar o ferido desde o lugar do accidente ata onde se atopaba a asistencia médica. Tratábase dunha zona de monte con acceso condicionado, polo que foi necesaria o desprazamento da unidade de asistencia a bordo do helicóptero con base en Ourense.


Así, con esta información, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 enviaron ao lugar unha dotación a bordo da aeronave e contaron coa colaboración de bombeiros e GES para axudar no traslado do ferido.


Tamén se avisou a Protección Civil e á Policía Local de Agolada e á Garda Civil.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page