Unha persoa sofre un atropelo en Melide
- ecosdacomarca

- 2 dic 2022
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Melide
Esta mañá rexistrouse un atropelo na localidade melidense. O suceso ocorreu sobre as 10:20 horas.

Foron os Servizos Sanitarios os que contactaron co 112 Galicia. Tal e como informa o 112 foi un atropelo na Ronda da Coruña á altura do número 25.
O 112 Galicia avisou á Policía Local, á Protección Civil da localidade e á Garda Civil de Tráfico e informou aos Bombeiros de Arzúa.
"Tempo despois comunicáronos que a persoa foi trasladada ao PAC de Melide), indica o 112 Galicia.







Comentarios