Ecos da Comarca/Santiso
O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias-CIAE 112 Galicia foi alertado este mércores ás 19:25 horas dun incendio nunha casa do municipio de Santiso, concretamente no lugar de Mosteiro, na parroquia de Serantes.
Tal e como informa o 112, este recibiu unha chamada duns particulares que indicaban que estaban facendo unha videochamada coa persoa da casa afectada e que viron que algo estaba ardendo xunto a ela. Inmediatamente, o 112 Galicia mobilizou á Garda Civil, ao 061 e aos bombeiros de Arzúa.
Minutos despois, a Garda Civil comunicou ao 112 Galicia que a vivenda non estaba ardendo, pero que a persoa da casa si que sufríu queimaduras nunha man. Suponse que por algo que estaría cociñando, pero é un dato que o 112 non puido confirmar. A persoa debido ás queimaduras foi trasladada ao centro médico.
Os bombeiros xa nin chegaron a intervir e xa deron volta no camiño ao comunicarlles que non se trataba dun incendio.

Comments