Unha persoa resultou ferida tras envorcar co seu coche en Lalín
Ecos da Comarca/Lalín
Onte, mércores, pola noite produciuse un aparatoso accidente na localidade de Lalín que se saldou cunha persoa ferida.

O 112 Galicia recibiu varios avisos relacionados con este accidente, minutos despois das 23 horas: un coche foise contra unha rotonda da avenida de Buenos Aires, no Alto de Vales, en Lalín, e acabou envorcando. O seu ocupante non conseguía saír.
PUBLICIDADE
Os Bombeiros de Silleda e Emerxencias Lalín asistiron aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 para retirar cunha táboa de rescate ao ferido, que finalmente non tivo que ser excarcerado.
PUBLICIDADE
No operativo tamén participaron os axentes da Garda Civil de Tráfico.









Comentarios