top of page

Unha persoa resultou ferida nun accidente de tráfico no municipio de Melide

Ecos da Comarca/Melide

Ás duas deste mediodía o 112 Galicia foi alertado por un accidente de tráfico no municipio de Melide. No mesmo viuse implicado un único vehículo e saldouse cunha persoa ferida.


Accidente hoxe. Fonte: Ecos da Comarca
Accidente hoxe. Fonte: Ecos da Comarca

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

Tal e como informa o 112 Galicia, foi un coche que se saíu da vía na estrada DP 4604 no lugar de Pereiras, na parroquia melidense de Abeancos.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Unha persoa resultou ferida, a priori de carácter leve. Foron avisados Urxencias Sanitarias, Policía Local, a Garda Civil de Tráfico e Protección Civil deste municipio.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page