top of page

Unha persoa resulta ferida en Agolada tras sufrir un accidente cun tractor

Ecos da Comarca/Agolada

Foto de arquivo.

O 112 Galicia informa que unha persoa resultou ferida este sábado no concello de Agolada tras sufrir un accidente cun tractor. Un helicóptero medicalizado foi derivado ao punto polos servizos sanitarios e tomou terra no mesmo lugar dos feitos.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Ao fío das seis desta tarde, os profesionais sanitarios comunicaban ao 112 Galicia que unha persoa sufrira un accidente cun tractor en O Marquesado, en Brocos, no concello de Agolada. Indicaban que, nese momento, dirixíase ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago e unha ambulancia.


O alertador, despois de contactar cos xestores do 112 indicaba que o accidente tivera lugar nunha propiedade privada, concretamente no recinto da vivenda. Ademais, aseguraba que só precisaban medios sanitarios.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Aínda así, ademais de poñer a situación en coñecemento dos axentes da Garda Civil e da Policía Local, desde o 112 Galicia informouse aos Bombeiros do Deza e aos membros do GES de Lalín.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page