Unha persoa perde a vida nun incendio nunha vivenda
- ecosdacomarca

- 27 nov
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Arestora, os equipos de intervención continúan coas tarefas de ventilación e evacuación do edificio, mentres algunhas persoas permanecen confinadas por motivos de seguridade.
O 112 Galicia tivo constancia do suceso ás 17:45 horas, a través da chamada dun particular que alertaba dun incendio no cadro eléctrico situado no portal dun edificio da rúa San Isidoro, na Coruña.

De inmediato, desde a central de emerxencias solicitouse a intervención dos Bombeiros da Coruña, que, ao chegar ao punto, atoparon as escaleiras ateigadas de fume. Tras sufocar as lapas e durante os traballos de ventilación, localizaron a dúas persoas inconscientes no primeiro andar. O persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia–061 prestoulles asistencia no lugar, pero só unha puido ser evacuada en estado crítico ao Hospital Universitario da Coruña. A outra vítima faleceu a consecuencia do suceso.
Publicidade
A maiores, tamén se informou aos axentes da Policía Nacional e Local así como aos efectivos de Protección Civil.
Publicidade
Os servizos de emerxencia permanecen na zona, garantindo a seguridade e facilitando a saída dos residentes mentres continúan coa ventilación do inmoble.








Comentarios