top of page

Unha persoa perde a vida logo de caerlle unha árbore enriba en Valdoviño

Ecos da Comarca/Xeral

Este venres un home perdeu a vida traer caerlle enriba unha árbore no concello coruñés de Valdoviño.

Foto Arquivo
Foto Arquivo

O 112 Galicia recibiu o primeiro aviso por mor deste accidente arredor das 12:20 horas. Segundo informou un particular, un home sufrira un accidente cando estaba a cortar unha árbore no Cameleiro, en Valdoviño.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Decontado, os xestores do 112 Galicia informaron ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, ao GES de Mugardos, á Garda Civil e á Policía Local.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar con nós!
Preme na imaxe para contactar con nós!

Logo de acudir ata o punto, nunha zona de difícil acceso, os servizos de emerxencias só puideron confirmar o falecemento da persoa, logo de que lle caese enriba a árbore que estaba cortando.

 
 
 

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page