Unha persoa foi atropelada na localidade de Melide
Ecos da Comarca/Melide
Este mércores unha persoa foi atropelada na localidade de Melide. O 112 Galicia foi alertado ás 8:50 horas.

O suceso ocorreu na Avenida de Lugo, nunha zona moi próxima a Furelos. A vítima é unha muller duns 70 anos.
PUBLICIDADE
Alí é unha zona que non hai paso de peóns e ademais a esa hora a visibilidade era reducida debido á incidencia directa do sol.
PUBLICIDADE
A persoa presentaba algunhas fracturas e foi trasladada directamente ao centro hospitalario por unha ambulancia de Urxencias Sanitarias. Ata o lugar tamén se desprazaron a Policía Local, Protección Civil deste municipio e a Garda Civil de Tráfico.









Comentarios