Unha persoa ferida tras saírse co seu coche da vía na localidade de Lalín
- ecosdacomarca

- 29 jun
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Lalín
Este luns pola mañá rexistrouse un accidente de tráfico na localidade de Lalín. No mesmo viuse implicado un único vehículo e saldouse cunha persoa ferida.

Tal e como informa Emerxencias Lalín, por causas que se descoñecen un Kia Xceed perdeu o control e tivo unha saída de vía na N-640 PK 164, a altura da rotonda do Carrefour.
PUBLICIDADE
A condutora, veciña de Lalín e única ocupante, foi trasladada o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela e queixábase de dor na espalda.
PUBLICIDADE
Ademais de Emerxencias Lalín tamén se desprazaron ao lugar a Policía Local, a Garda Civil e o 061.








Comentarios