Unha persoa ferida tras envorcar o seu coche en Melide
- ecosdacomarca

- hace 1 día
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Melide
Sobre as 00:30 horas deste martes o 112 Galicia foi alertado por un accidente en Melide. No mesmo viuse implicado un único vehículo e saldouse cunha persoa ferida.

PUBLICIDADE
Tal e como informa o 112 Galicia tratouse dunha saída de vía e o coche acabou nvorcado. Foi necesario a mobilización dos bombeiros de Arzúa porque a persoa, debido as dores por distintas lesións que tiña e que non se daba aberto ben a porta, non daba saído do coche.
PUBLICIDADE
Ata o lugar tamén se desprazaron Urxencias Sanitarias e Protección Civil. Tal e como indican os Bombeiros o suceso ocorreu na Rúa Martagona da localidade melidense, ao carón do polideportivo.








Comentarios