Unha persoa ferida tras envorcar co seu coche na parroquia melidense de Maceda
- ecosdacomarca

- 16 mar
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Melide
Este luns produciuse un accidente de tráfico no concello de Melide. O 112 Galicia foi alertado por un particular ás 11:44 horas.

Publicidade
Tal e como informa o 112 foi unha saída de vía dun coche na parroquia de Maceda preto da igrexa de San Pedro. O vehículo acabou envorcado. "O condutor, unha persoa maior, resultou ferido e tivo que ser trasladado ao hospital Clínico de Santiago", sinala o 112.
PUBLICIDADE
Ademais de Urxencias Sanitarias, tamén se avisou a Protección Civil, á Policía Local, á Garda Civil e aos Bombeiros de Arzúa.








Comentarios