Unha persoa ferida nunha saída de vía na A-54 en Melide
Ecos da Comarca/Melide
Este sábado rexistrouse un accidente de tráfico no municipio de Melide. No mesmo viuse implicado un único vehículo e saldouse cunha persoa ferida. O 112 Galicia foi alertado ás 10:03 horas.

Publicidade
"Tratouse dunha saída de vía na A-54 dirección Santiago á altura do quilómetro 48 en Moldes", informa o 112 Galicia que sinala que unha persoa precisou asistencia sanitaria.
Publicidade
Foron mobilizados Urxencias Sanitarias, a Garda Civil de Tráfico e o Servizo de Mantemento da Estrada.









Comentarios