Unha persoa ferida nun accidente na parroquia silledense de Taboada
- ecosdacomarca
- 26 sept 2023
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Silleda
Este martes produciuse un accidente no municipio de Silleda que se saldou cunha persoa ferida, tal e como informa o 112 Galicia. O suceso ocorreu uns minutos antes das 17:00 horas.

Foi precisamente o servizo de emerxencia do coche o que alertou ao 112 Galicia ás 16:52 horas. "Tratouse dunha saída de vía na estrada que vai de Santiago a Ourense á altura de Taboada", informa o 112 Galicia quen ademais indica que unha persoa resultou ferida.
Publicidade
Con estes datos, deu aviso a Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Deza, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e a Protección Civil.
Publicidade
Commentaires