Unha persoa ferida nun accidente na parroquia lalinense de Soutolongo
Ecos da Comarca/Lalín

Esta tarde produciuse un accidente de tráfico no municipio de Lalín. O 112 Galicia foi alertado por Urxencias Sanitarias ás 16:50 horas. O suceso, tal e como indica o 112, ocorreu na estrada que une Vilatuxe con Lalín á altura da parroquia de Soutolongo.
O accidente saldouse cunha persoa ferida. Ademais, de Urxencias Sanitarias tamén se alertou ao GES de Lalín, aos Bombeiros de Deza e á Policía Local.








Comentarios