Unha persoa ferida nun accidente na parroquia cruceña de Carbia
- ecosdacomarca

- 7 ago 2025
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
Onte, mércores, rexistrouse un accidente de tráfico no concello de Vila de Cruces. O 112 Galicia foi alertado uns minutos despois das oito da tarde.

Tal e como informou hoxe a este medio o 112, tratouse dunha saída de vía na parroquia cruceña de Carbia.
Publicidade
Unha persoa resultou ferida, pero estaba accesible e liberada, e en principio non revestía gravidade, sinala o 112.
Publicidade
Avisouse a Urxencias Sanitarias e a Garda Civil.








Comentarios