Unha persoa ferida nun accidente na parroquia agoladesa de Eidián
- ecosdacomarca

- 23 dic 2025
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Agolada
Este martes rexistrouse un accidente de tráfico no municipio de Agolada. O 112 Galicia foi alertado ás 10:33 horas.

Tratouse dunha colisión entre un coche e unha furgoneta na estrada EP-6305 á altura da parroquia de Eidián.
Publicidade
A condutora do coche queixábase de dor no peito e foi trasladada en ambulancia.
Publicidade
Ademais de Urxencias Sanitarias, ata o lugar desprazáronse a Garda Civil de Tráfico e Protección Civil de Agolada.








Comentarios