Unha persoa ferida nun accidente na parroquia agoladesa de Borraxeiros
- ecosdacomarca

- 30 jun
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Agolada
Este martes produciuse un accidente de tráfico no municipio de Agolada. O 112 Galicia foi alertado ás 13 horas.

PUBLICIDADE
Tratouse dunha saída de vía dun coche que circulaba pola PO-840 dirección Melide á altura do Barrio do Carme, na parroquia de Borraxeiros.
PUBLICIDADE
O condutor e único ocupante resultou ferido e foi trasladado en ambulancia. Ata o lugar desprazáronse dúas ambulancias do 061, a Garda Civil de Tráfico e o GES de Monterroso.








Comentarios