Unha persoa ferida nun accidente na N-547 na Castañeda
Ecos da Comarca/Arzúa
A N 547 ao seu paso polo municipio de Arzúa rexistrou este mércores un novo accidente de tráfico. O 112 Galicia foi alertado ás 16:31 horas.

PUBLICIDADE
Tal e como informa o 112 Galicia, un coche quedou envorcado e o condutor conseguíu saír coa axuda de persoas que se atopaban na zona. Ocorreu nesta estrada á altura do quilómetro 58, na Castañeda.
PUBLICIDADE
Unha persoa tivo que recibir asistencia sanitaria. Ademais de Urxencias Sanitarias tamén se desprazaron Protección Civil de Arzúa e a Garda Civil de Tráfico.









Comentarios