Castrofeito rexistra un accidente de tráfico entre un tractor e un coche
Ecos da Comarca/ O Pino
Un tractor e un coche víronse implicado este mércores nun accidente de tráfico no municipio do Pino. O 112 Galicia foi alertado ás 17:43 horas.

PUBLICIDADE
Tal e como informa o 112, tratouse dunha colisión de estes dous vehículos na N 634 á altura de Castrofeito.
PUBLICIDADE
Dúas persoas tiveron que recibir asistencia sanitaria. Ademais de Urxencias Sanitarias foron mobilizados a Garda Civil de Tráfico e o Servizo de Mantemento da Estrada.









Comentarios