top of page

Unha persoa ferida nun accidente entre un coche e unha moto en Agolada

Ecos da Comarca/Agolada

O accidente de hoxe. Autor: C.D.

Este venres produciuse un accidente entre dous vehículos no municipio de Agolada. O 112 Galicia foi alertado ás 13:22 horas. O suceso ocorreu na estrada PO-840, a estrada que enlaza Agolada con Melide, ao seu paso por Fonte de Cántaras, na saída de Agolada, antes da parroquia de Reboredo. Saldouse cunha persoa ferida.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Tratouse dunha colisión entre un coche e unha moto, quedando esta última na cuneta. Como consecuencia, o motorista resultou ferido.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Ata o lugar desprazáronse Urxencias Sanitarias e o médico e enfermeiro do centro de saúde de Agolada, Emerxencias Lalín, Protección Civil de Agolada e a Garda Civil de Tráfico.




Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page