Unha persoa ferida nun accidente entre dous coches na parroquia lalinense de Goiás
- ecosdacomarca

- hace 28 minutos
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Lalín
Este venres produciuse unha colisión entre dous vehículos no municipio de Lalín que se saldou cunha persoa ferida.

Tal e como informa Emerxencias Lalín sucedeu na estrada N-640 á altura do quilómetro 162 á altura do cruce que vai a igrexa de Goiás.
Publicidade
Ocorreu ás 11:30 horas e unha persoa resultou ferida leve e foi trasladada por unha ambulancia do 061.
PUBLICIDADE
Ademais de Emerxencias Lalín e Urxencias Sanitarias ata o lugar desprazouse a Garda Civil de Tráfico.








Comentarios