top of page

Unha persoa ferida nun accidente en Rodeiro

Ecos da Comarca/Rodeiro

Foto de arquivo.

Este mércores rexistrouse un accidente no municipio de Rodeiro. No mesmo viuse implicado un único vehículo e saldouse cunha persoa ferida. O 112 Galicia foi alertado ás 13:06 horas.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Tal e como informa o 112 Galicia tratouse dunha saída de vía á altura da parroquia de Asperelo. O coche quedou envorcado na cuneta, pero non obstruía a circulación. Como consecuencia unha persoa necesitou asistencia sanitaria porque atopábase aturdida, pero saíu ela mesma polo seu propio pé, tal e como indica o 112.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Con estes datos, o 112 Galicia deu aviso a Urxencias Sanitarias, ao GES de Lalín e á Garda Civil de Tráfico.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page