Ecos da Comarca/Silleda
Este luns rexistrouse un accidente de tráfico no municipio de Silleda que se saldou cunha persoa ferida. O suceso ocorreu escasos minutos das 15:30 horas. Tal e como informa o 112 Galicia, ocorreu na estrada EP-6502 á altura do quilómetro tres na parroquia de Carboeiro.
Publicidade
"Foi un particular o que nos deu o aviso. En principio dixo que non había ninguén ferido, pero despois indicáronos que a ocupante do vehículo estaba fóra, pero si necesitaba asistencia sanitaria. Ademais, sinaláronnos que o coche estaba envorcado no medio da vía", informa o 112 Galicia.
Con estes datos deu aviso a Urxencias Sanitarias e á Garda Civil de Tráfico e tamén informaron aos Bombeiros de Deza e á Policía Local. "Tempo despois, a Policía Local, solicitounos o servizo de mantemento de estradas".
Comments