Unha persoa ferida leve tras colisionar un coche e un tractor en Rodeiro
- ecosdacomarca
- 20 ago 2022
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Rodeiro
Esta mañá rexistrouse un accidente entre dous vehículos no municipio de Rodeiro. O suceso ocorreu arredor das 8:46 horas.

Tal e como indica o 112 Galicia saldouse cunha persoa ferida que se trasladou polos seus propios medios ao centro médico de Lalín, segundo lles informou os Servizos Sanitarios que foron os mesmos que avisaron ao 112 para comunicarlles do suceso.
Ademais para prestar apoio ao equipo médico avisouse á Garda Civil de Tráfico que se dirixiun ata o lugar e tamén se informou ao GES de Lalín e aos Bombeiros de Deza, que estes finalmente non chegaron a desprazarse.
コメント