Unha persoa ferida en Silleda tras o estoupido duns foguetes nunha celebración privada
Ecos da Comarca/Silleda
O 112 Galicia informa que o estoupido duns foguetes tras unha celebración privada deixa unha persoa ferida en Silleda. Os servizos sanitarios trasladaron á persoa, con diferentes queimaduras no seu corpo, ata o Hospital Clínico Universitario de Santiago.

Sucedeu nunha casa particular, en Altamira, na parroquia silledense de Cira. Segundo indicou ao particular que chamou ao 112 Galicia para pedir axuda, pasados uns minutos das nove e media da pasada noite, os asistentes atopábanse nunha celebración privada e cando decidiron botar uns foguetes, estouparon, causándolle distintas queimaduras a un dos asistentes.
Desde o 112 Galicia nada máis recibir o aviso do alertador, puxéronse os feitos en coñecemento do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que decontado enviaron unha ambulancia co seu equipo médico ata o lugar. De igual xeito, foron informados os axentes da Garda Civil, os Bombeiros do Deza e os efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Vila de Cruces.
Tras ser evacuada a persoa ferida polos profesionais sanitarios e rematadas as tarefas de limpeza na zona polos Bombeiros, os efectivos de Protección Civil indicaron ao 112 Galicia que os axentes procedían coa investigación das causas do suceso.








Comentarios