Unha persoa ferida e múltiples danos materiais a causa dunha colisión por alcance en Lalín
- ecosdacomarca

- 13 feb 2022
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Lalín

Este sábado pola noite rexistrouse un sinistro en Prado, na N-525, en Lalín, onde unha colisión por alcance entre dous turismos causou danos no mobiliario urbano e mesmo no portal dun edificio. O 112 Galicia foi alertado ás 22:40 horas. Ademais, o impacto provocou lesións de diversa consideración a unha condutora, polo que foi evacuada ao centro médico de referencia.
Tras o traslado, os membros do GES de Lalín e os equipos de limpeza do Ministerio de Fomento fixeron fronte á limpeza da vía, pois quedaron moitos restos, tipo plásticos, aceites e danos no portal dun edificio contra o que se foi un dos coches implicados.







Comentarios