top of page

Unha persoa faleceu e outra resultou ferida nunha colisión entre dous vehículos en Frades

Ecos da Comarca/Xeral

Unha persoa faleceu e outra resultou ferida nunha colisión entre dous vehículos en Frades. Os Bombeiros de Ordes excarceraron a ambos condutores, un deles falecido. Foron os dous únicos implicados no accidente e o ferido foi trasladado en ambulancia ao Hospital Clínico de Santiago.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos a través da Garda Civil de Tráfico ás 21:45 horas do martes. Á súa vez, eles foron alertados por un particular, que lles explicou que dous vehículos chocaran frontalmente na estrada AC-524, ao seu paso pola parroquia de Abellá.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

O propio alertador comunicouse pouco despois co 112 Galicia e engadiu que había dous implicados. A situación era grave, e indicaba que un dos condutores podía estar falecido.


Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que ambas persoas estaban atrapadas e que unha delas resultara falecida. Deste xeito, empregaron o seu material de excarceración para liberalas, tralo que o ferido foi evacuado ao hospital compostelán polos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Neste operativo colaboraron, ademais dos servizos sanitarios e dos bombeiros, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada.

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page