top of page

A Deputación de Lugo avanza para integrar os cinco GES no Consorcio Provincial de Bombeiros

hace 6 horas
2 min de lectura

Ecos da Comarca/A Ulloa

A presidenta da Deputación, Carmela López, xunto á deputada Pilar García Porto e persoal técnico da institución mantivo este xoves unha reunión con representantes dos GES (Grupos de Emerxencias Supramunicipais) para comunicarlles que, tal como se comprometeu públicamente hai uns meses, a Deputación está en condicións de iniciar o traballo coa Xunta de cara á integración destes grupos no Consorcio Provincial de Bombeiros, organismo do que forman parte ambas administracións.

A Deputación incluirá nos Orzamentos do próximo ano, que a presidenta presentará o vindeiro luns no Parlamento de Galicia, a partida económica que lle corresponde aportar á Deputación para esa integración. A outra metade debe ser consignada pola Administración autonómica, que hai uns meses solicitou a López unha proposta de reforma do Consorcio.


A Deputación conta xa con ese documento, cuxas liñas xerais deu a coñecer este xoves aos GES, representado a través da Agesga (Asociación de Bombeiros de Galicia). Inclúe unha proposta de integración tanto de medios materiais como persoais, unha proposta de estrutura organizativa  e unha folla de ruta, que pasaría pola creación dunha mesa técnica para a reforma administrativa e estatutaria do Consorcio.


“Sabemos que o actual modelo precisa evolucionar para cubrir adecuadamente todo o territorio provincial e para poder facer fronte aos cambios que se están a producir en materia de emerxencias. E neste obxectivo, queremos avanzar no diálogo iniciado hai uns meses coa Xunta de Galicia”, afirmou a dirixente provincial.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Partidas para reforzar o GES de Cervo e crear un parque de bombeiros na Montaña

A presidenta da Deputación tamén informou aos representantes dos GES doutras dúas medidas dirixidas a mellorar e ampliar os servizos contra incendios e de emerxencias na provincia nas que a institución tamén provincial están dando pasos.


Os Orzamentos de 2027 recollerán partidas que permitirán ampliar o cadro do persoal do GES de Cervo, tal como veñen demandando os traballadores deste servizo e o propio Concello. A Deputación garantirá a parte que lle corresponde aportar para pasar de 12 a 18 traballadores.


Igualmente, López cumpre co compromiso de empezar a traballar para dotar os concellos da Montaña dun parque de Bombeiros, xa que se trata dunha comarca onde neste momento non é posible cumprir os tempos de resposta ante incendios ou outro tipo de emerxencias.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar connosco.
Preme na imaxe para contactar connosco.

Aportacións e valoración dos representantes dos GESA reunión cos representantes dos GES tamén serviu para que, unha vez máis, estes fixeran suxestións para revisar un modelo de atención ás emerxencias que quedou obsoleto e que ten eivas.


Os representantes dos GES celebraron as noticias que lles trasladou a presidenta provincial. “Para nós é un paso importante. Agradecemos o traballo e agardamos que esta sexa a primeira reunión de moitas”, Julio Rivero, presidente da Agesga.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page