Unha persoa falece tras un accidente entre tres vehículos en Curtis
- ecosdacomarca

- hace 23 minutos
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
Unha persoa perdeu a vida esta tarde tras sufrir un grave accidente de tráfico no que se viron implicados tres vehículos —un camión, unha furgoneta e un turismo— ao seu paso polo concello coruñés de Curtis.

O suceso produciuse arredor das 16:00 horas, momento no que varias persoas particulares contactaron co 112 Galicia para alertar dunha colisión múltiple na estrada N-634, á altura do quilómetro 668.
PUBLICIDADE
De inmediato, dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia informouse ao persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que, ante a gravidade do impacto e a presencia dunha persoa atrapada, desprazou ata o lugar o helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela. Así mesmo, dende a central de emerxencias solicitouse a intervención dos Bombeiros de Betanzos, do GES de Curtis, dos axentes da Garda Civil de Tráfico e dos efectivos de Protección Civil da localidade.
PUBLICIDADE
Unha vez no punto, os equipos de emerxencia tiveron que empregar o material de excarceración para liberar ao condutor da furgoneta. A pesar de que os servizos sanitarios lle practicaron manobras de reanimación, finalmente só se puido confirmar o seu falecemento.








Comentarios