top of page

Unha persoa excarcerada nun accidente múltiple no municipio de Lalín

Ecos da Comarca/Lalín

Este luns rexistrouse un accidente múltiple no concello de Lalín. O 112 Galicia foi alertado sobre as 15:15 horas. No mesmo víronse implicados tres vehículos e unha persoa tivo que ser excarcerada.


Tal e como informa Emerxencias Lalín, o sinistro ocorreu na estrada N-525, saíndo de Prado dirección Lalín, antes da curva da gasolineira de Bendoiro.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.
O accidente hoxe. Autor: Emerxencias Lalín.
O accidente hoxe. Autor: Emerxencias Lalín.

Unha persoa quedou atrapada e tivo que ser liberada polos Bombeiros de Deza e trasladada nunha ambulancia de Soporte Vital Avanzado (SVA). Ademais, resultaron feridas leves outras dúas que foron ao Centro Integrado de Saúde de Lalín polos seus propios medios.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe e contacta con nós!
Preme na imaxe e contacta con nós!

Neste operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Deza, Emerxencias Lalín, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page