Unha persoa evacuada en helicóptero tras ser atropelada en Rodeiro polo seu tractor
- ecosdacomarca

- hace 6 horas
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Rodeiro
Unha persoa resulta ferida tras sufrir un atropelo en Rodeiro. A vítima tivo que ser evacuada en helicóptero medicalizado ata o Hospital Clínico de Santiago.

O 112 Galicia tivo constancia do suceso ás 12:20 horas, momento no que o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 alertou dun atropelo ocorrido no lugar de Couso, na parroquia de San Martiño de Asperelo, no municipio de Rodeiro.
Publicidade
De inmediato, desde a sala de operacións do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias informouse aos Bombeiros do Deza, ao GES de Lalín, aos axentes da Garda Civil e aos efectivos de Protección Civil.
Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Unha vez atendida no lugar, a persoa ferida foi trasladada a bordo do helicóptero medicalizado ata o Hospital Clínico Universitario de Santiago.
Trátase dun veciño duns 70 anos que foi atropelado polo seu propio tractor. O home estaba fóra do vehículo cando se percatou de que o sistema de freos fallou. Foi cando intentou subir a cabina para frear o vehículo, cando o atropelou.







Comentarios