Unha muller sofre un atropelo en Lalín
- ecosdacomarca

- 12 dic 2022
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Lalín
Esta tarde rexistrouse un atropelo en Lalín. Foi Urxencias Sanitarias quen contactactou co 112 Galicia pasados uns minutos das sete da tarde para informar do acontecido e tempo despois tamén o facía o condutor do vehículo implicado.

"Foi un atropelo a unha muller xunto ao colexio Sagrado Corazón", informa o 112 Galicia. Ademais de Urxencias Sanitarias, o 112 Galicia deu aviso á Policía Local, ao GES da localidade e aos Bombeiros de Deza.
"Indicáronos que a muller estaba consciente e que ía ser trasladada por Urxencias Sanitarias", recalca o 112.







Comentarios