Unha muller foi atropelada en Melide
- ecosdacomarca
- 24 oct 2023
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Melide

Este martes produciuse un atropelo na localidade de Melide. O 112 Galicia foi avisado ás 10:04 horas.
"Unha muller foi atropelada na rúa de Cuba. Foi a Policía Local a que pasou aviso ao 112", informa o 112 Galicia.
Publicidade
A afectada foi trasladada ao centro médico de Melide. "Presentaba dor nun brazo", apunta o 112.
Publicidade
Ao punto desprazáronse a Policía Local, Urxencias Sanitarias e Protección Civil de Melide.
Publicidade
Comentários