top of page

Unha muller ferida nun accidente na parroquia agoladesa de Borraxeiros


Ecos da Comarca/Agolada

O accidente de hoxe. Autor: Ecos da Comarca.

Este martes produciuse un accidente de tráfico na estrada PO-840 á altura da parroquia agoladesa de Borraxeiros. O sinistro saldouse cunha persoa ferida. O 112 foi alertado uns minutos antes das 15:30 horas.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Un vehículo circulaba dirección Melide, tal e como confirmaron a este medio veciños do lugar, cando por razóns que se descoñecen, saíuse da vía. "Sentimos un forte golpe e foi cando nos acercamos", sinalaron os alí presentes.

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

No coche, un Citroën C4 de cor negra, viaxaba só a condutora que precisou asistencia médica. Dos servizos de emerxencia, foi unha ambulancia do 061 a primeira en chegar ao lugar. A muller, que estaba no exterior do coche, pero sentada fóra, foi atendida in situ polo equipo sanitario da ambulancia que lle colocaron un collarín e logo trasladárona. En principio, as feridas non revestían gravidade.


Tamén se desprazaron os membros de Protección Civil de Agolada que tiveron que regular o tráfico e por último, tamén chegaron dous axentes da Garda Civil de Tráfico. Ademais, deuse aviso ao Servizo de Mantemento da Estrada.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page