Unha muller ferida en Silleda tras sufrir un accidente de tráfico
Ecos da Comarca/Silleda
Este martes produciuse un accidente de tráfico no municipio de Silleda que se saldou cunha persoa ferida. No mesmo viuse implicado un único vehículo.

Foi un particular o que alertou ao 112 Galicia escasos minutos das 19:30 horas. Segundo a información facilitada polo 112 tratouse dunha saída de vía dunha furgoneta. O suceso ocorreu na estrada N-525 á altura do quilómetro 306 en Chapa.
Publicidade
"Indicáronos que había unha muller ferida e que xa a conseguiran sacar do vehículo", informa o 112. Con estes datos, deu aviso a Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Deza, á Policía Local e á Garda Civil.









Comentarios