top of page

Unha muller falece tras ser atropelada en Rodeiro

Ecos da Comarca/Rodeiro

Unha muller perdeu a vida este mércores tras ser atropelada no municipio de Rodeiro. O 112 Galicia rexistrou o accidente un cuarto de hora despois das 18:00 horas. Polo que indicaron varios particulares, unha muller fora atropelada no quilómetro 0,5 da EP-6201,a  estrada que comunica Rodeiro e Antas de Ulla.

 Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Con esta información, a Sala de Operacións do 112 Galicia informou ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Ourense ata o punto. Tamén acudiu a Garda Civil de Tráfico e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Rodeiro.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe para contactar con nós!
Preme na imaxe para contactar con nós!

Porén, logo da chegada dos servizos de emerxencias, estes non puideron facer nada por evitar o falecemento da vítima, que tiña 89 anos.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page