top of page

Unha muller evacuada ao hospital tras ser atropelada en Melide

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Melide

Este venres produciuse un atropelo en Melide pasados uns minutos das dúas da tarde. Como consecuencia, unha persoa tivo que ser trasladada ao hospital de referencia.

Autor: Ecos da Comarca.

O 112 Galicia foi alertado por Protección Civil da localidade e tamén por un particular. Ambas partes solicitaban asistencia médica. Tal e como indica o 112, o suceso ocorreu na Ronda de Pontevedra, á altura do número catro.


A muller foi atropelada por un vehículo e presentaba, segundo o 112, feridas na cabeza, polo que tivo que ser trasladada en ambulancia ao hospital.

Preme na imaxe se quere contactar connosco!

Ademais de desprazarse ao lugar Protección Civil da localidade, o 112 avisou á Policía Local e aos axentes da Garda Civil e tamén se informou aos bombeiros de Arzúa.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page