Unha muller desaparecida en Lalín foi atopada en bo estado na cama do seu veciño
Ecos da Comarca/Lalín
Este domingo, 8 de marzo, foi preciso activar un dispositivo de busca no municipio de Lalín. María unha veciña de 80 anos con alzhéimer estaba en paradoiro descoñecido.
Ela saíu da súa casa situada no lugar de Ludeiro, na parroquia de Soutolongo, sobre as 13 horas. Foi arredor das catro da tarde cando se deu a voz de alarma de que non volvera e activouse a busca.
Publicidade
Nesta participaron, tal e como informa o 112 Galicia, Emerxencias Lalín, A Garda Civil, Protección Civil da localidade, os axentes da Policía Local, e así mesmo incorporáronse o Grupo Especial de Localización e Rescate, con cans especializados, e a Unidade Operativa de Drons do Grupo de Apoio Loxístico (GALI) da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA).

Por sorte, a historia tivo un final feliz, porque sobre as 21:30 horas deste mesmo domingo María foi localizada en bo estado. Un nonaxenario, que vive a escasos metros de María, foise deitar e alí na súa cama atopouse, para a súa sorpresa, coa muller desaparecida.
PUBLICIDADE
Como xa dixemos liñas máis arriba, a muller padece alzhéimer, desorientouse e acabou na vivenda equivocada. Por sorte, todo quedou nun susto e María atópase ben.









Comentarios