top of page

Unha muller e a súa filla menor de idade caen co seu coche por un desnivel no concello de Lalín

16 dic 2022
1 min de lectura

Ecos da Comarca/Lalín

Esta mañá rexistrouse un accidente de tráfico na parroquia lalinense de Donsión. O 112 Galicia foi alertado pasados uns minutos das oito, pola propia condutora. "Con ela viaxaba unha nena, que aparentemente atopábase ben, aínda que era complexo precisalo, pois o vehículo estaba envorcado e tiñan pouca mobilidade e visibilidade", indica o 112 Galicia.

O coche afectado. Autor: Emerxencias Lalín

En concreto tratábase dunha muller e a súa filla menor de idade. O coche saíuse da vía e caeu por un desnivel cara o río. "Á súa chegada, os efectivos de rescate e salvamento comprobaron que o coche tiña xa o motor metido na auga, pero as ocupantes puideron saír coa axuda e recibir a asistencia médica necesaria. De feito, só a condutora foi trasladada ao centro de saúde da localidade, mentres que a nena atopábase en bo estado", sinala o 112 Galicia.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Sen embargo, as afectadas tiveron que ser excarceladas polos Bombeiros de Deza e por Emerxencias Lalín ao quedar o vehículo envorcado. Ata o lugar tamén se desprazaron unha ambulancia do 061 e da Garda Civil de Tráfico e foi informada a Policía Local.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page