Unha instalación fotográfica invita a compartir a beleza da Vía da Prata dende Dozón
- ecosdacomarca

- hace 7 minutos
- 2 min de lectura
Laura Moure/Dozón
Unha instalación de fotografía documental e participación cidadá chegará o vindeiro martes 8 de setembro a Monterrei co obxectivo de achegar a Vía da Prata a peregrinos, veciños e visitantes e convertelos en embaixadores do Camino a través do envío gratuíto de postais. A instalación situarase no Cruceiro de Monterrei, aos pés do Castillo e xunto á Oficina de Turismo, e estará operativa desde as 8.15 horas, coincidindo coa saída dos primeiros peregrinos do albergue de Verín. Esta iniciativa tamén chegará a Dozón.

Baixo o nome A Postalería da Vía dá Prata o proxecto presenta un panel expositor con 24 postais deseñadas a partir das fotografías realizadas por Adolfo Enríquez ao longo de este roteiro xacobeo. As imaxes realizadas para este proxecto mostran paisaxes, oficios, gastronomía e xentes vinculadas á Vía da Prata, ofrecendo un percorrido visual pola súa diversidade patrimonial.
A proposta está aberta non só aos peregrinos, senón tamén aos veciños de Monterrei e a quen visite o municipio. Calquera persoa poderá achegarse, elixir de forma gratuíta unha das postais, escribir unha mensaxe e enviala a calquera lugar do mundo desde a caixa de correos habilitada na propia instalación.
PUBLICIDADE
Deste xeito, o proxecto converte un xesto sinxelo nunha forma de promoción directa e orgánica da Vía da Prata. Cada postal que sae de Monterrei levará consigo unha imaxe do roteiro e un fragmento do seu patrimonio a outros lugares, contribuíndo a dala a coñecer máis aló de Galicia. A iniciativa pretende ademais que as imaxes da Vía da Prata sigan circulando unha vez finalice o percorrido da instalación. O arquivo fotográfico xerado estará dispoñible de forma permanente a través dun libro fotográfico dixital de acceso libre e gratuíto e dunha galería fotográfica dixital, accesibles mediante o código QR incluído nas postais.
Tras o seu paso por Monterrei, está previsto que a instalación continúe o seu percorrido por Cea, Dozón, Vedra e Boqueixón, levando esta proposta de fotografía e participación cidadá a distintos puntos da Vía da Prata.
PUBLICIDADE
A Postalería da Vía dá Prata enmárcase no programa O Teu Xacobeo, cofinanciado pola Xunta de Galicia, de cara ao Xacobeo 2027.
Sobre o fotógrafo
Adolfo Enríquez é o primeiro español en lograr a Cámara de Oro dos One Eyeland Awards, un dos certames de fotografía máis importantes do mundo. Conta ademais con 9 Premios Nacionais Lux, outorgados pola Asociación de Fotógrafos Profesionais de España, entre outros recoñecementos.
NOTICIAS RELACIONADAS:
Un proxecto artístico recolle impresións de peregrinos e veciños no Pino: https://www.ecosdacomarca.com/post/un-proxecto-art%C3%ADstico-recolle-impresi%C3%B3ns-de-peregrinos-e-veci%C3%B1os-no-pino
Peregrinos de múltiples nacionalidades deixan pegada no Pino na escultura de 'O Noso Camiño': https://www.ecosdacomarca.com/post/peregrinos-de-m%C3%BAltiples-nacionalidades-deixan-pegada-no-pino-na-escultura-de-o-noso-cami%C3%B1o








Comentarios