Unha furgoneta impacta contra un camión na AG-53 en Dozón
- ecosdacomarca

- hace 6 horas
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Dozón
Este xoves produciuse un accidente de tráfico no munipicio de Dozón. O 112 Galicia foi alertado ás 11:05 horas. No mesmo víronse implicados dous vehículos.

Publicidade
Tal e como informa o 112 Galicia, o suceso ocorreu na autopista AG-53 á altura do quilómetro 62 en Dozón. Tratouse dunha colisión por alcance.
Publicidade/DOAZÓN PARA ECOS DA COMARCA

Unha furgoneta acabou impactando contra un camión. O condutor da furgoneta, segundo o 112, tras o accidente atopábase desorientado polo que foi trasladado para recibir asistencia sanitaria.
Publicidade
Ademais de Urxencias Sanitarias ata o lugar desprazáronse Emerxencias Lalín, a Garda Civil de Tráfico e o Servizo de Mantemento da Estrada.








Comentarios