top of page

Unha colisión frontal remata con dous feridos e un vehículo queimado en Silleda

Ecos da Comarca/Silleda

ree
Accidente de hoxe. Autor: Bombeiros de Deza - Tabeirós

No concello de Silleda, rexistrouse un accidente. Neste caso, unha colisión frontal entre dous vehículos que rematou con dúas persoas feridas e un coche calcinado.


Así o rexistraron os xestores do 112 Galicia tras recibir e xestionar as chamadas de persoas particulares ás 3:30 horas da mañá.


O impacto entre os dous coches produciuse na N-525, a carón do parque de bombeiros, que, por certo, tiveron que acudir debido ao incendio posterior que se produciu nun dos turismos. O lume causou danos na parte dianteira do vehículo.


ree
Preme na imaxe se quere contactar connosco!

Ademais dos bombeiros, acudiron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 para o traslado dos feridos e os axentes da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico.
















Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page