Unha colisión entre unha pa escavadora e un tráiler sáldase cunha persoa ferida en Sobrado
Ecos da Comarca/Sobrado

Un home, condutor dunha pa escavadora, foi evacuado esta mañá polos servizos sanitarios despois de resultar ferido tras bater o vehículo que manexaba contra un tráiler ao seu paso polo lugar de Grixalba, na DP-8001, no concello de Sobrado.
Foi precisamente un dos condutores implicados quen, ás 10:30 horas, alertaba ao 112 Galicia do accidente ocorrido na estrada que une as localidades de Grixalba e de Penablanca. Engadía no seu relato que, debido o impacto, precisaba asistencia sanitaria.
Así, con estes datos, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias informaron dos feitos ao servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 Galicia e aos axentes de Tráfico. Ademais, solicitaron a intervención dos membros do GES de Curtis que, unha vez no lugar, sinalaron a interrupción ao tráfico nese punto, mentres duraron os traballos dos servizos de emerxencias.
Así mesmo, co fin de recuperar as condicións de seguridade da vía, foron informados os profesionais do servizo de mantemento da estrada.








Comentarios