top of page

Unha colisión entre un camión e un coche en Ponte Vilariño sáldase sen feridos

7 jul 2022
1 min de lectura

Ecos da Comarca/Agolada

Esta tarde produciuse un accidente en Ponte Vilariño, no municipio de Agolada. No mesmo víronse implicados dous vehículos.

Foto arquivo.

O suceso ocorreu sobre ás 16:30 horas. O 112 Galicia foi alertado polo eCall (o sistema que avisa automaticamente ao 112 en caso de accidente) dun dos vehículos implicados. Un camión circulaba pola N-640 dirección Agolada, cando un coche salía dun cruce e produciuse a colisión, tal e como indica Protección Civil de Agolada. Nun primeiro momento pensouse que había unha persoa ferida, pero finalmente, ninguén precisou asistencia médica.

Preme na imaxe se quere contactar connosco!

O 112 Galicia, ademais de avisar a Protección Civil do municipio, informou aos Servizos Sanitarios, aos Bombeiros de Deza, á Garda Civil de Tráfico, ao GES de Lalín e ao Servizo de Mantemento.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page